A Fundación

logo final sf

Padroado da fundación

O Padroado da Fundación MONCHO REBOIRAS para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza (FESGA) está conformado polas seguintes persoas:

  • Xesús E. Seixo Fernández – Presidente
  • Manuel Mera Sánchez – Secretario e Director.
  • Uxío Breogán Diéguez Cequiel
  • Margarida Corral Sánchez
  • Francisco Miranda Vigo

Presentación.

A FUNDACIÓN MONCHO REBOIRAS PARA O ESTUDO E A DIVULGACIÓN DA REALIDADE SOCIAL E SINDICAL NA GALIZA (FESGA) é unha Fundación galega constituída pola Confederación Intersindical Galega (CIG) en maio do 2004, coas seguintes finalidades:

  • Fomentar o estudo e a investigación sobre cuestións sociais e laborais, en xeral.
  • Realizar ou colaborar na investigación, estudo, formación e divulgación sobre a historia dos sindicatos e do movemento obreiro galego, particularmente do sindicalismo nacionalista.
  • Realizar ou colaborar na investigación, estudo, formación e divulgación sobre a historia de Galiza, especialmente os temas sociais e económicos, e a participación da nosa emigración nos movementos sociais no exterior.
  • Estudar a realidade actual da clase obreira galega e dos movementos sociais, así como a problemática nacional.
  • Divulgar na clase obreira galega e os movementos sociais do país outras experiencias exteriores.
  • Formar dirixentes e cadros sindicais, delegados e traballadores que desexen ter unha maior participación sindical.
  • Dar a coñecer as experiencias, análises e reflexións do sindicalismo galego, especialmente o nacionalista, a outras centrais sindicais do exterior e outros movementos sociais en xeral.
  • Ser depositaria dos arquivos da Confederación Intersindical Galega.
  • Recoller, catalogar, clasificar e dixitalizar a documentación referida ao movemento obreiro galego, especialmente ao sindicalismo nacionalista, así como do nacionalismo galego, en todos os campos de acción.
  • Facilitar a consulta aos estudantes e investigadores, da documentación arquivada na Fundación.
  • Divulgar e fomentar o estudo e investigación, no campo histórico e xurídico, daqueles temas que contribúan á mellora das condicións da clase obreira. Así como doutras ciencias sociais.

A fundación conta na actualidade cunha equipa técnica multidisciplinar, que abrangue os ámbitos administrativo, loxístico, docente, documental, audiovisual e de deseño.

Liñas de actuación

Actualmente, a Fundación Moncho Renoiras ten principalmente seis liñas de actuación:

1. Formación.

  • Organización de cursos, xornadas e conferencias-coloquio de formación sindical

2. Publicacións e comunicación.

  • Edición de libros, cadernos, revistas e/ou folletos.
  • Divulgación a través da Internet.

3. Audiovisual.

  • Realización e edición de audiovisuais, principalmente en formato documental.

4. Exposicións.

  • Realización, edición e montaxe/desmontaxe de exposicións divulgativas.

5. Eventos e xornadas.

  • Organización de eventos, xornadas ou conferencias con finalidade divulgativa.
  • Presenza da fundación en diferentes eventos, feiras ou encontros.

6. Documentalismo.

  • Recollida, catalogación, clasificación e dixitalización de documentación referida ao movemento obreiro galego, especialmente ao sindicalismo nacionalista, así como do nacionalismo galego en todos os campos de acción.
  • Xestión do arquivo histórico da CIG.

Formación

A Fundación Moncho Reboiras desenvolve unha programación anual de cursos de Formación Sindical , agrupados en diferentes temáticas:

  • Lexislación laboral.
  • Negociación colectiva.
  • Nóminas e Seguridade Social.
  • Liquidacións e indemnización por despido.
  • Conceptos básicos de economía.
  • Historia do movemento obreiro e das relacións sociais e políticas desde 1800.
  • Comunicación e habilidades sociais.

Alén desa programación cada ano desenvólvense accións formativas de carácter específico e/ou complementar, así como Conferencias de Formación Sindical.

Tal e como se indica no epígrafe de publicacións a Fundación Moncho Reboiras é autora e editora de numeroso material didáctico propio.

Publicacións e comunicación

Dende a súa creación, FESGA ten elaborado e editado un importante número de publicacións, en diferentes formatos (libro ou monografía, cadernos, folletos e revistas), sintetizando a pretensión de ofrecer materiais de calidade co obxectivo de que estes acadasen a máis ampla difusión.

Monografías (editadas como CIG, en coedición con Promocións Culturais Galegas; colección “Ter Razóns”)

  • O sindicalismo nacionalista galego. 1972-1982. (Máiz Vázquez, Bernardo; Alonso, Bieito); Vigo; 2003; 108 p.
  • Actores sociais, loitas reivindicativas e política popular. (Rauber, Isabel); Vigo; 2003; 96 p.
  • Adeus ao traballo? Ensaio sobre as metamorfoses e a centralidade do mundo do traballo. (Antunes, Ricardo); Vigo; 2003; 120 p.
  • O século XXI. Socialismo ou barbarie? (Mészáros, István); Vigo; 2003; 104 p.
  • Xénero e poder. Ollada desde América. Ensaio testemuño. (Rauber, Isabel); Vigo; 2004; 164 p.
  • A reestruturación do mundo do traballo. Superexplotación e novos paradigmas da organización do traballo. (Sotelo Valencia, Adrián); Vigo; 2005; 204 p.
  • O mundo do traballo fronte á globalización capitalista. (Martufi, Rita; Vasapolo, Luciano); Vigo; 2007; 132 p.

Monografías (editadas como FESGA)

  • Historia en imaxes do sindicalismo nacionalista da Galiza. Unha historia vivida. (FESGA); Vigo; 2004; 120 p.
  • 1984 – 2004. 20 anos, 10 folgas xerais. (FESGA); Vigo; 2004; 52 p.
  • Historia en imaxes da Confederación Intersindical Galega. 2001-2005. Traballamos para facer país (FESGA); Vigo; 2005; 132 p.
  • As bisbarras de Muros e Fisterra. Realidade socio-económica e perspectivas. (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2005; 120 p.
  • Galegos na Arxentina. Unha ollada fotográfica. (Pérez Leira, Lois); Vigo; 2006; 132 p.
  • Estudo socioeconómico da bisbarra de Bergantiños (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2006; 144 p.
  • Galiza en Dominicana, Nicaragua, Panamá e Venezuela. Unha ollada fotográfica. (Martínez Crespo, Xurxo); Vigo; 2007; 156 p.
  • Estudo socioeconómico da Terra de Soneira (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2007; 96 p.
  • Estudo socioeconómico da bisbarra de Ortergal (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2007; 152 p.
  • Caderno de formación: “Da lingua galega e nós”. (García Negro, Pilar; et al.); Vigo; 2007; 42 p.

  • Caderno de formación: “A crise do modelo neoliberal e propostas alternativas”. (Vence Deza, Xavier); Vigo; 2008; 34 p.
  • Galegos en Bizkaia, Galiziarrak Bizkaian. Gabriel Aresti – Manuel María. (Martínez Crespo, Xurxo; Río Díaz, Raúl); Vigo; 2007; 90 p.
  • A Loita Labrega contra os foros e o caciquismo – A un século da primeira asemblea agraria galega. (Mera, Manuel); Vigo; 2008; 48 p.
  • Caderno de experiencias internacionais: “Construción popular cooperativa. A experiencia do MTL na Arxentina”. (Chile, Carlos); Vigo; Novembro 2008; 17 p.
  • Caderno de experiencias internacionais: “Informe sobre cooperativas e expresións de poder popular. Aspectos teóricos e experiencias.” (C. Gambina, Juilo; et al.); Vigo; Novembro 2008; 38 p.
  • Memoria das xornadas internacionais de economía social (de traballo e consumo). (VV.AA); Vigo; 2008; 80 p.
  • Estatuto do Traballador. (FESGA); 1ª Ed.; Vigo; 2009; 175 p.
  • Caderno de formación: “A crise do capitalismo mundial: unha ollada desde o marxismo (a través dos Grundrisse)”. (Sotelo Valencia, Adrián); Vigo; Maio 2009; 32 p.
  • Estudo socioeconómico das bisbarras de Arzúa e Terra de Melide, e concellos de Curtis e Vilasantar. (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2009; 212 p.
  • Síntese histórica do soberanismo galego. (1846-1936). (Diéguez Cequiel, Uxío Breogán); Vigo; 2009; 58 p.
  • Estatuto do Traballador. (FESGA); 2ª Ed.; Vigo; 2009; 175 p.
  • As folgas xerais de 2001 e 2002 – Contra a reforma laboral e en defensa da protección social. (Mera, Manuel); Vigo; 2009; 56 p.
  • A reconversión naval de 1984 na Galiza – Tres folgas xerais, protesta de clase e conciencia de país. (Mera, Manuel); Vigo; 2009; 48 p.
  • Introdución á Economía Política – Notas sobre algúns conceptos necesarios para comprender e transformar a realidade. (C. Gambina, Julio; et al.); Vigo; 2010; 68 p.
  • Síntese histórica do Movemento Obreiro Galego. Das orixes até 1984. (Pereira, Dionisio; et al.); Vigo; 2010; 72 p.

Material didáctico

  • Curso básico de lexislación e relacións laborais. Módulos 1-2-3. (Mariño Paz, Eva María); Vigo; 2007; 72 p.
  • Curso básico de lexislación e relacións laborais. Módulos 4-5-6. (Mariño Paz, Eva María); Vigo; 2007; 72 p.
  • Curso básico de lexislación e relacións laborais. Módulos 7-8. (Mariño Paz, Eva María); Vigo; 2007; 48 p.
  • Curso básico de lexislación e relacións laborais. Módulos 9-10. (Mariño Paz, Eva María); Vigo; 2007; 52 p.
  • Caderno de formación sindical: “Modos de produción e relacións laborais”. (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2008; 40 p.
  • Caderno de formación sindical: “Nóminas e Seguridade Social”. Vigo; 2009; 58 p.
  • Nóminas e Seguridade Social. Supostos prácticos e titorías a distancia. Vigo; 2009; 48p.
  • Caderno de formación sindical: “Cálculo de liquidacións e indemnizacións por despido”. (Mariño Paz, Eva); Vigo; 2009; 90 p.
  • Cálculo de Liquidacións e indemnizacións por despido. Supostos prácticos e titorías a distancia. Vigo; 2009; 64p.
  • Caderno de formación sindical: “Propostas en materia de xénero e igualdade de oportunidades”. Vigo; 2009; 54 p.
  • Manual de formación sindical: “Alfabetización informática, Introdución á ofimática”. (Pérez Igrexas, Xabier); Vigo; 2009; 84p.
  • Caderno de formación sindical:”O contrato de traballo”. (Mariño Paz, Eva; Pérez Igrexas, Xabier); Vigo; 2010; 42 p.
  • Caderno de formación sindical: “Representación sindical e Negociación Colectiva”. (Bermúdez Pérez, Silvia; Pérez Igrexas, Xabier); Pdte. de publicación.

Revistas

  • Revista Información Histórica. Nº0; (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; Maio 2005; 8p.
  • Revista Información Histórica. Nº1; (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; Novembro 2005; 12p.
  • Revista Información Histórica. Nº2; (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; Xullo 2006; 12p.

Folletos e polípticos

  • O galego con humor (12 viñetas de debuxantes galegos). (VV.AA.); Vigo; 2008; 10.000 exemplares.
  • A representación dos/as traballadores/es. (Coord.: Mera, Manuel); Vigo; 2009; 5.000 exemplares
  • Percorrido pola historia da nación galega. (Mera, Manuel); Vigo; 2010; 15.000 exemplares.
  • Castelao, o nacionalista galego máis representativo e universal – Biografía e escolma de textos do “Sempre en Galiza” co gallo dos 60 anos do seu pasamento. (Mera, Manuel; Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán); Vigo; 2010; 10.000 exemplares
  • 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega – 1972: un ano de loita fundamental na historia da clase traballadora de Galiza. (Mera, Manuel); Vigo; 2010; 9.000 exemplares

Audiovisuais

Conscientes da crecente relevancia dos soportes audiovisuais, a fundación tenlle dado un importante pulo á creación videográfica, fundamentalmente en formato documental.

Documentais en DVD

  • “Ferreiros dun mundo mellor”. 40’. 2005.
  • “As bisbarras de Muros e Fisterra. Realidade socio-económica e perspectivas”. 45’. 2005.
  • “Bergantiños, unha ollada en perspectiva”. 32’. 2006.
  • “Ortegal. Olladas e perspectivas”. 45’. 2007.
  • “Metal en loita”. 40’. 2007.
  • “Lección de dignidade”. 121 días de folga en Transportes La Unión. 55’. 2005.
  • “Galiza en Venezuela”. 45’. 2007.
  • “Galiza en Canarias”. 28’. 2007.
  • “Galiza en Andorra”. 55’. 2009. Realización: Bernal Rúa.
  • “Experiencias de Economía Social no sector primario”. 34’. 2009. Realización: Bernal Rúa.
  • “Vídeo memoria das II Xornadas de Economía Social (vivenda e crédito)”. 2009. Realización: Bernal Rúa.
  • “1984: Tres folgas xerais contra a reconversión”. 55’. 2009. Realización: Bernal Rúa.

Alén dos materiais xa mencionados, Fundación Moncho Reboiras desenvolve actividades de filmado e edición de vídeos específicos de/para actos, eventos ou procesos mobilizadores relacionados coas súas finalidades. Así mesmo ten realizado entrevistas en vídeo que foron dispoñibilizadas na Internet para o seu acceso público.

Exposicións

Outro dos soportes cos que a Fundación Moncho Reboiras traballa na divulgación son as exposicións. Algunhas delas foron itinerantes, percorrendo non só diferentes puntos da xeografía galega senón tamén algúns lugares do resto do Estado español.

Exposicións realizadas

  • “O exilio galego en Venezuela”. Exposición de 20 paneis de 170 x 90 cm.
  • “O movemento agrarista na Galiza. Aos 100 anos da 1ª Asemblea Agraria de Monforte”. Exposición de 18 paneis de 170 x 90 cm. 2008.
  • “I Asemblea Nacionalista Galega, 90 aniversario”. Exposición de 6 paneis de 170 x 190 cm. 2008.
  • “Dez de marzo de 2009”. Exposición de 10 paneis de 170 x 190 cm. 2009.
  • “Dez folgas xerais, a clase traballadora galega en pé”. Exposición de 7 paneis de 170 x 190 cm. 2009.
  • “Dez de marzo de 2010”. Exposición de 10 paneis de 170 x 190 cm. 2010

Documentalismo

A Fundación Moncho Reboiras é depositaria do arquivo histórico da CIG, no que figuran ademais materiais das súas organizacións antecedentes.

Xa desenvolveu proxectos de dixitalización e dispoñibilización on line de recursos documentais, e na actualidade estase a desenvolver un novo sitio web da fundación na que entre outros estarán colgados materiais propios e dixitalizados.

Eventos e Xornadas

Eventos

  • Xornadas Internacionais de Economía Social (de traballo e consumo). 13-14 de xuño de 2008; Compostela. Coa colaboración da Federación de Cooperativas SINERXIA e da Consellaría de Traballo da Xunta de Galiza.
  • II Xornadas Internacionais de Economía Social (de vivenda e crédito). 21-22 de novembro de 2008; Vigo. Coa colaboración da Federación de Cooperativas SINERXIA e da Consellaría de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza.
  • Produción do Acto de Entrega dos Premios 10 de Marzo no Día da Clase Obreira Galega da CIG. Compostela; 2009 e 2010.
  • Produción do Acto de Entrega dos Premios 8 de Marzo da CIG. Compostela; 2010.
  • Presenza con stand propio no FESTIGAL (Compostela, 2008 e 2009) e no Foro Social Galego (Compostela 2008).

Conferencias-coloquio:

  • “A situación política e social en Euskal Herria”. Decembro 2007. Poñente: José Elorrieta, Secretario Xeral de ELA-STV.
  • “A situación política e social en Euskal Herria”. Xaneiro 2008. Poñente: Rafa Díez Usabiaga, Secretario Xeral de LAB.
  • “A crise e os escenarios posíbeis”. Abril 2008. Poñente: Xavier Vence, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.
  • “Presente e futuro da revolución cubana nun mundo en transformación”. Outubro 2008. Poñente: Darío Machado, Politólogo cubano e profesor na Escola Nacional de Cadros Sindicais “Lázaro Peña” da Central de Traballadores de Cuba.
  • “Desafíos actuais da clase traballadora no Uruguai”. Novembro 2008. Poñente: Leonardo Batalla, Responsábel de Relacións Internacionais da Asociación de Bancarios do Uruguai (AEBU) e membro da Comisión Interrnacional do Partido Comunista de Uruguai.
  • “A crise económica mundial, efectos e alternativas na Galiza” . Decembro 2008. Poñente: María do Carmo García Negro, Profesora Titular da Área de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.
  • “Venezuela após as eleccións. Situación dos galegos en Venezuela”. Xaneiro 2009. Poñente: Gonzalo Gómez Freire, co-fundador do xornal dixital Aporrea.org.
  • “Crise, resistencias e alternativas. Unha perspectiva desde México”. Febreiro 2009. Poñente: Adrián Sotelo Valencia, sociólogo mexicano e profesor na Universidade Nacional Autónoma de México.
  • “Uruguai entre dúas voltas: o momento político e social actual”. Novembro 2009. Poñente: Leonardo Batalla, membro do Departamento de Relacións Internacionais do PIT-CNT e integrante do Grupo Coordenador do Encontro Sindical Nossa América.
  • “Venezuela: andaina dunha revolución”. Xaneiro 2010. Poñente: Gonzalo Gómez Freire, co-fundador do xornal dixital Aporrea.org.
  • “Sindicalismo e movementos sociais en América Latina hoxe”. Abril 2010. Poñente: Leonardo Batalla, Representante do Plenario Intersindical de Traballadores (PIT-CNT) do Uruguai no Capítulo Uruguaio da Alianza Social Continental e membro do Grupo Coordinador do Encontro Sindical Nossa América.