Mundo do traballo e organización de clase na postguerra e primeiro franquismo (1936-1960).

Audiovisual — 15 Novembro, 2010

Neste segundo capitulo do video-documental elaborado por FESGA, en colaboración coa Deputación da Coruña, titulado “Síntese histórica do movemento obreiro galego. Das orixes ao 1984”, o historiador Uxío Breogán Dieguez Cequiel analiza un período que marcará profundamente a realidade actual do movemento obreiro.

Esta etapa, nun primeiro intre, está tinguida pola represión da ditadura e a resposta da guerrilla, para despois da Segunda Guerra Mundial dar paso aos intentos de rexurdir sindical (en 1946 e 1947), e a protesta laboral nos grandes estaleiros. E, xa na década dos sesenta, ao agromar das iniciativas culturais, da reorganización sindical e partidaria, e da reivindicación social.

_

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

_

Tags: , , , , , ,