Sindicalismo e nación galega.

Audiovisual — 27 Outubro, 2010

Presentamos a seguir un capítulo do video-documental elaborado por FESGA, en colaboración coa Deputación da Coruña, titulado “Síntese histórica do movemento obreiro galego. Das orixes ao 1984”.

Este clip correspóndese coa terceira parte das tres que compoñen o devandito documental, na que o historiador Bernardo Máiz debulla a realidade do movemento obreiro na altura do treito histórico que vai do 1958 até 1984.

Abórdanse tamén as condicións que deron lugar ao agromar do sindicalismo nacionalista de clase, hoxe organizado na actual Confederación Intersindical Galega (CIG). O entrismo, o reaxer do nacionalismo galego no eido político, os sucesos de 1972 en Ferrol e Vigo, o nacemento das primeiras organizacións do sindicalismo nacionalista ou as folgas de 1983 e 1984 son os principais acontecementos e fenómenos explicados por Bernardo Máiz.

_

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

_

Tags: , , , , , ,