Síntese histórica do movemento obreiro galego, das orixes até 1984.

Publicacións — 6 Agosto, 2010

Ven de saír do prelo a última publicación editada por FESGA. Desta volta trátase dun libro, de 80 páxinas a toda cor, titulado “Síntese histórica do movemento obreiro galego, das orixes até 1984″, no que se fai un percorrido sobre a historia do movemento obreiro do noso páis desde as xuntas cenetistas de A Coruña até as folgas do naval en 1984. O percorrido é guiado por tres historiadores contemporaneistas de prestixio, como son Uxío-Breogán Diéguez, Dionisio Pereira e Bernardo Máiz.

Este traballo oublicouse grazas ao financiamento da Deputación da Coruña para a realización do proxecto de investigación “Síntese Histórica do Movemento Obreiro Galego (da folga da Coruña de 1901 á legalización sindical do 1977″.

A seguir ofrecémosvos o libro en formato dixital (PDF):

Preme aquí para o ver en pantalla completa.

Podes descargar o PDF desde aquí.

Ficha bibliográfica

Autores:
Dionisio Pereira / Uxío-Breogán Diéguez / Bernardo Máiz

Revisión lingüística:
Rafa Vilar.

Deseño e maquetación:
Breixo Lousada

Coordenación editorial:
Manuel Mera

Revisión:
Iuri Doménech / Xabier P. Igrexas

ISBN: 978-84-613-9383-1

Depósito Legal: PO 284-2010.

Ano de edición: 2010.

Tags: , , , , ,