Presentación na Galiza do libro: O precariado. Unha nova clase social?

Destaque novas, En destaque, Novas — 30 Xuño, 2017

A Coruña, Vigo, Pontevedra e Compostela acollerán os actos nos que participará o autor, Adrián Sotelo

A Fundación Moncho Reboiras, presenta na no noso país o libro O precariado. Unha nova clase social?. A Coruña, Vigo, Pontevedra e Compostela acollerán do 3 ao 6 de xullo unha serie de actos nos que estará presente o autor, o sociólogo e profesor mexicano Adrián Sotelo.

Traducido ao galego e editado recentemente pola Fundación Moncho Reboiras, este libro de Adrián Sotelo, sociólogo e profesor do Centro de Estudios Latinoamericanos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), pon en debate as máis recentes teorías posmodernas e sistémicas que proclaman a fin do traballo, a negación da clase obreira e a súa substitución por un novo suxeito: o precariado.

Polemizando con estas teorías e apoiado nunha extensa batería de datos socioeconómicos, o autor revigoriza as categorías marxistas de clase, traballo, valor (e plusvalía), explotación e crise. Reafirmando que para alén das transformacións da condición obreira, da precarización das condicións de traballo e de vida do proletariado moderno, este segue a ser (cada vez máis) a clase antagónica por excelencia do capital.

Lugares e horarios das distintas presentacións

A CORUÑA
3 de xullo, 10:30 horas
Salón de actos da CIG (Avenida Alfonso Molina, s/n. 8º andar).
Presenta: Xosé Manuel Carril, profesor titular de Dereito do Traballo e Seguridade Social na UDC e autor do prólogo á edición galega.

VIGO
4 de xullo, 20:00 horas
Libraría Cartabón (Rúa Urzáiz, 125)
Presenta: Manuel Mera, director da Fundación Moncho Reboiras

PONTEVEDRA
5 de xullo, 20:00 horas
Casa da Luz (Praza da Verdura, s/n)
Presenta: Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica e Emprego de Pontevedra.

COMPOSTELA
6 de xullo, 20:30 horas
Vide, Vide! Espazo Enocultural (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10)
Presenta: Suso Seixo, presidente da Fundación Moncho Reboiras.

 

 

Tags: , , , ,