Exposición no Museo Provincial de Lugo: “70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio”

Publicacións — 21 Maio, 2015

panel presentacion consello de galiza

O 26 de maio, a Fundación Moncho Reboiras inaugura en Lugo unha exposición baixo o título: “70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio”, conmemorando o que fora o organismo  de representación institucional do pobo galego creado no exilio por iniciativa de Castelao en novembro do 1944. A iniciativa que conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, intégrase nun proxecto divulgativo que inclúe tamén a edición dun folleto, un video e unha conferencia-coloquio. A exposición poderá verse na Sala Multiusos do Museo Provincial até o domingo 14 de xuño.

No acto inaugural da exposición que se celebrará no Museo Provincial, o martes 26 de maio ás 19:30 h., intervirán Mario Outeiro Iglesias, Delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e Manuel Mera Sánchez, Director da Fundación Moncho Reboiras.

No marco desta iniciativa, realizarase o 4 de xuño, tamén no Museo Provincial de Lugo, unha conferencia-coloquio a cargo do historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, profesor da Universidade da Coruña, co título: “O exilio de Castelao e o Consello de Galiza. 70 anos”.

Os diversos materiais divulgativos que se editan acompañando a exposición están libremente a dispor das persoas interesadas no noso sitio web.

Preme aquí para visualizar o folleto en pantalla completa.
Para descargares o folleto en PDF, preme aquí.
Tags: , , , ,