Tempo Sindical, voceiro da CIG (set. 94 a xuñ. 95)

Arquivo — 3 Abril, 2013

A Confederación Intersindical Galega, sigla baixo a cal se unificaron as centrais nacionalistas INTG e CXTG en 1994, decidiu dotarse desde o primeiro momento dun voceiro de seu, herdeiro directo do Eixo (voceiro desde os tempos do SOG, ING e posteriormente INTG) e do Adiante (voceiro da CXTG). A continuar, transcrebemos a nota introdutoria deste novo medio de expresión da CIG, ademais de ofrecer os primeiros 6 números da publicación:

“A Confederación Intersindical Galega precisaba dun medio de expresión de seu, que chegue directamente a todos e cada un dos afiliados e afiliadas, para trasmitirlles o noso xeito de facer sindicalismo, para contarlles o que acontece en Galiza e no mundo. Tamén, para dar a coñecer as novas alternativas e aspiracións a todos os traballadores e ao resto da sociedade. A aparición de Tempo Sindical como voceiro da Confederación Intersindical Galega, conta coa experiencia das publicacións Adiante e Eixo, que durante anos foron editadas polas centrais sindicais agora unificadas na CIG, e desa andadura trátase agora de aproveitar o moito de positivo que revelaron, ao tempo de ser quen se superar eivas e erros. A información sindical, interna e pública, verase reflexada no periódico, Cultura e Economía, lexislación laboral e informacións internacionais. Este proxecto precisa a colaboración de todo o corpo da confederación, estruturas territoriais e das federacións, e as aportacións individuais de todos e todas.”

Tags: , ,