Experiencias do sector hortícola en Galiza

Audiovisual — 14 Setembro, 2012

Pódese vivir da horta na Galiza de hoxe en día? Que dificultades atopan os produtores para conseguiren prezos dignos? Que función cumpre o cooperativismo na articulación deste sector? Permiten os maioristas do comercio da alimentación o desenvolvemento da horta galega? FESGA tenta respostar estas preguntas mediante o presente traballo audiovisual, recollendo tres experiencias hortícolas enmarcadas na economía social do noso país.

Entrevistamos os responsábeis das seguintes explotacións:

– Cooperativa “Porta do Río Miño” (O Rosal)
– Explotación cooperativa de Carlos Pereira (Santiso)
– SAT “Labregos de Lugo” (Riotorto)

Experiencias do sector hortícola en Galiza from FESGA on Vimeo.

Ficha técnica
Duración: 20m37s
Formato: HD
Ano: 2012
Edición: CIG
Realización: FESGA

Coordenador: Manuel Mera
Realización: Bernal Rúa
Produción: Xabier P. Igrexas

Este traballo foi financiado pola Deputación da Coruña

Tags: