O estaleiro naval de Ferrol na Historia
Publicacións — 16 Setembro, 2011A Fundación Moncho Reboiras-FESGA vén de editar un caderno que repasa a historia do estaleiro naval de Ferrol desde a óptica do movemento obreiro.
O Arsenal primeiro, e a “Construtora Naval” despois, deixaron unha importante pegada na historia naval militar, porén, tamén marcaron moi fondamente o movemento obreiro galego. A convivencia entre ambos estamentos foi moitas veces conflitiva e en moi poucas oportunidades, en situacións limite, déronse alianzas entre os operarios e a mariñeiría, e algúns sectores minoritarios da oficialidade.
Tampouco podemos ignorar que a cidade de Ferrol debe o seu crecemento e expansión desde unha pequena vila até ser unha das principais cidades galegas nos séculos XVIII e XIX, coa instalación do Arsenal e da capitanía marítima do Atlántico. Revoltas como a insurreción republicano-federal de 1872 ou a folga obreira que o 10 de marzo de 1972 na cal foron asasinados Daniel Niebla e Amador Rei, forman parte da memoria histórica do movemento obreiro galego que a nosa fundación quer poñer en valor coa edición deste caderno.


Envía a Chuza!




