Síntese da historia social e política da Galiza desde 1800
Publicacións — 9 Maio, 2011A FESGA vén de editar o libro “Síntese da historia social e política da Galiza desde 1800″ , da autoría do historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, que traza un percorrido histórico desde o xérmolo provincialista da revolución de 1846 até o golpe de estado de 1936, que truncou o desenvolvemento político da nación galega.
A seguir, ofrecemos o listado dos capítulos da obra:
- Tempos novos. Da custión social e política á insurxencia.
- O desenvolvemento dun pensamento.
- Do país á nación.
- Epílogo.
- Escolma documental.
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel , da FESGA, é historiador especializado no nacionalismo galego. Director de Murguía, Revista Galega de Historia e do portal electrónico www.revistamurguia.com. Membro do Consello da Memoria entre o 2006 e o 2009, órnano asesor da Xunta de Galiza e da Xunta Reitora da Fundación Alexandre Bóveda, así como presidente da Asociación Galega de Historiadores (AGH) do 2001 ao 2011.
> O libro pode ser descargado en pdf clickando aquí


Envía a Chuza!




