O Reino Suevo da Gallaecia.
Publicacións — 4 Xaneiro, 2011Non se pode dicir que exista hoxe un debate na sociedade encol do Reino da Gallaecia baixo os reis suevos, malia que tería que habelo, xa que a historia oficial menospreza a existencia deste reino que durou case que dous séculos.O Reino de Gallaecia ten importancia histórica para a Galiza. Nese senso é preciso lembrar que Galiza foi o primeiro Reino de Europa.
Teimudamente quíxose, desde as clases dominantes, agochar o feito de que Galiza e España eran identidades políticas distintas na época suevo-visigoda e a alta Idade Media. En calquera caso non se pode considerar casual esta actitude (por certo xa antiga)de restar decote valores á nosa identidade nacional e aos feitos históricos en Galiza ou nos que tiveron significación os galegos/as. Esta situación non é nova nin particular, senón que procura como noutros países desarmar de argumentos e debilitara conciencia histórica e política do noso pobo facéndonos vulnerábeis á colonización estranxeira.
Coa vocación de contribuír á divulgación e valorización dunha etapa da nosa historia nacional de especial relevancia, FESGA ven de editar un breve caderno no que de xeito didáctico e co valor engadido das numerosas ilustracións fornece ao lector/a dunha primeira aproximación histórica ao que foi o Reino Suevo da Gallaecia.
Podes descargar o PDF desde aquí.
Ficha bibliográfica
Texto: Equipa Técnica de FESGA.
Deseño e maquetación: Breixo Lousada
Ilustracións: Tokio / Antonio Seijas
Ano edición: 2011
Tags: galleacia, historia, reino de galiza, suevos

Envía a Chuza!




