Para comprendermos a crise. Orixes, desenvolvemento e horizontes posíbeis.
Publicacións — 3 Xaneiro, 2011A seguir preséntase a última publicación editada pola FESGA. Desta volta trátase dun completo traballo de análise da vixente crise sistémica, a cargo do Profesor de Economía Política na Facultade de Dereito da Universidade Nacional deRosario (Arxentina), Julio César Gambina, que é ademais Presidente da Fundación de Investigacións Sociais e Políticas,FISYP, e integrante do Comité Directivo do Consello Latinoamericano de CienciasSociais, CLACSO.
Gambina, quen participa como membro do Consello Académico de ATTACArxentinae dirixe o Centro de Estudos e Formación do sindicato Federación JudicialArgentina ademais de ser columnista sobre Economía e Cooperativismo en diversos medios xornalísticos da República Arxentina, fornece nesta obra dunha diagnóse asequíbel encol da propia crise máis tamén esboza os horizontes que desde ela se abren para o conxunto das clases populares.
Trátase pois, dun traballo divulgativo tremendamente pedagóxico que ten por pretensión o enunciado no seu título: axudar a comprender a crise.
Podes descargar o PDF desde aquí.
Ficha bibliográfica
Autor: Julio C. Gambina
Tradución: Rafa Villar
Dirección: Manuel Mera Sánchez
Deseño e maquetación: Breixo Lousada / Bernal Rúa
Coordenación editorial: Iuri Domènech
Revisión: Xabier Pérez Igrexas
I.S.B.N.: 978-84-614-6213-1
Páxinas: 96
Tags: crise, gambina

Envía a Chuza!




